Etiqueta Negra Gourmet

Voto 4.9 (media su 35 pareri)

Feira gastronómica que dá a coñecer o conxunto da oferta gourmet galega: alimentación, bebidas e innovación. 10, 11 e 12 de novembro de 2018. Pontevedra.

Etiqueta Negra Gourmet


Coa intención de poñer en valor e consolidar a imaxe deste sector gourmet galego, o Concello de Pontevedra organiza unha feira profesional que abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.

Nace así Etiqueta Negra, que baixo o lema “gourmet galego, inspiración innovadora”, pretende amosar tanto a ampla variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, como os procesos de innovación de novos produtos, sabores e envases.

Etiqueta Negra aspira a converterse nun dos eventos gastronómicos máis destacados do país, que reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos. Será o mellor escaparate para presentar o gran potencial deste mercado, onde a combinación de innovación e comercialización especializada progresa día a día.

A gastronomía galega é todo un referente e un importante motor da nosa economía. Os nosos produtos son sinónimo de calidade, tradición e autenticidade; produtos de gran calidade artesanal, pero ao tempo contemporáneos e innovadores, elaborados coa mellor materia prima e con sabor auténtico a Galicia; produtos que identifican un territorio, traspasan fronteiras e son demandados nos principais mercados estatais e do estranxeiro.

--------------------------------------------------------

Con la intención de poner en valor y consolidar la imagen del sector gourmet gallego, el Concello de Pontevedra organiza una feria profesional que abre también sus puertas a un público cada vez más especializado y exigente, que se informa para conocer lo que está consumiendo, al que gusta probar sabores y experimentar texturas nuevas.

Nace así Etiqueta Negra, que bajo el lema “gourmet gallego, inspiración innovadora”, pretende mostrar tanto la amplia variedad de alimentos y bebidas de alta gama que se están haciendo en Galicia, como los procesos de innovación de nuevos produtos, sabores y envases.

Etiqueta Negra aspira a convertirse en uno de los eventos gastronómicos más destacados de Galicia, que reunirá en un mismo espacio a profesionales del sector, productores y consumidores con el fin de conocer las tendencias del mercado, identificar nuevas líneas de negocio y difundir la excelencia de los productos gourmet y delicatessen gallegos. Será el mejor escaparate para presentar el gran potencial de este mercado, donde la combinación de innovación y comercialización especializada progresa día a día.

La gastronomía gallega es todo un referente y un importante motor de nuestra economía. Nuestros productos son sinónimo de calidad, tradición y autenticidad; productos de gran calidad artesanal, pero al mismo tiempo contemporáneos e innovadores, elaborados con la mejor materia prima y con sabor auténtico a Galicia; productos que identifican un territorio, traspasan fronteras y son demandados en los principales mercados estatales y del estranjero.

    Food & Beverage

   +34 669 459 453

      recinto Feiral de Pontevedra, Pontevedra, Spain

Lascia il tuo commento


Altro in zona



"Trova il tuo ristorante, in un clic"